Cousas de mulleres de Axóuxere teatro de Vilaronte

 O sábado 13 de novembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz teremos a oportunidade de desfrutar do teatro aficionado que nos ofrecerá Axóuxeres. A obra está recomendada para maiores de 14 anos. Entrada de balde.



COMEDIA MUSICAL PINCONUS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA

O sábado 23 de outubro, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura, poderase disfrutar do espectáculo " Pinconus", unha comedia musical dirixida a toda a familia. Forma parte do Ciclo Seráns Teatrais da Deputación Provincial de Lugo. A entrada é libre e de balde, non é precisa inscrición previa. Aforo limitado e aplicación dos protocolos de prevención do Covid-19.

OBRADOIRO PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS: DÍA DA BIBLIOTECA. COMEDIA MUSICAL PINCONUS

 

O sábado 23 de outubro, de 17:00h a 20:15h na Biblioteca Municipal organízanse diferentes actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos para celebrar o Día da Biblioteca. É necesaria INSCRICIÓN PREVIA na Oficina de Rexistro do Concello do luns 18 ao venres 22 de outubro ata completar o número máximo de participantes. Actividade de balde, subvencionada polo Plan Único da Deputación. PINCHA na noticia se queres descargar o modelo de inscrición. Máis información: 982 558 001 (ext.2)



ALFOZ CELEBRA O DÍA DAS ESCRITORAS

 

Alfoz celebra o Día das Escritoras (18 de outubro) o venres 15 ás 15:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, con todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz a través do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. "Procúrase Pepa a Loba" da compañía A Cova das Letras coa actriz Cristina Collazo. Con estética do oeste americano rural, ten participación do compositor Manuel Payno e de Luchi Iglesias en escenografía. A famosa bandoleira Pepa a Loba, chega ata un refuxio onde poder acubillarse: é a taberna da que tanto lle falara súa nai. Decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa inseparable gavela. Alguén lle fala dun cobizado tesouro... Atréveste a procuralo con ela. Somérxete de cheo nesta aventura carregada de música, títeres e intrigantes historias. Ademais na Biblioteca Municipal poderás disfrutar dunha selección de obras de autoras do s. XX durante todo o mes de outubro.