Axenda de actividades


OBRADOIRO PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS: DÍA DA BIBLIOTECA

O sábado 23 de outubro, de 17:00h a 20:15h na Biblioteca Municipal organízanse diferentes actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos para celebrar o Día da Biblioteca. É necesaria INSCRICIÓN PREVIA na Oficina de Rexistro do Concello do luns 18 ao venres 22 de outubro ata completar o número máximo de participantes. Actividade de balde, subvencionada polo Plan Único da Deputación. PINCHA na noticia se queres descargar o modelo de inscrición. Máis información: 982 558 001 (ext.2))




O MAGO ANTÓN "A volta a Galicia en 313 concellos" en Alfoz o 29 de agosto

O Mago Antón chega a Alfoz co seu espectáculo "A volta a Galicia en 313 concellos" o día 29 de agosto con sesións desde as 12:00h ata as 21:00h que se poderán disfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades. Estará situado diante do Pavillón Municipal e a Piscina Municipal. Programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22





Se as árbores falasen. Venres 27 de agosto para os nenos de ludiverán

 Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse á terra queimada. 




"CONEXIÓN PINGÜÍN" CON LUIS IGLESIA E MARCOS ORSI. 14 DE AGOSTO.RESERVA PREVIA.

Unha comedia para disfrutar o sábado 14 ás 20,30h no Salón de Actos da Casa da Cultura. RESERVA PREVIA NO 982 558 001 ou na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) desde el 5 al 12 de agosto ou ata agotar as entradas. Aforo Limitado. Programa Cultura no Camiño Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22




CORO PARROQUIAL DE RIOTORTO NA IGREXA DE S. PEDRO DE MOR: 31 DE XULLO

A actuación terá lugar ás 20:00h na Igrexa de S. Pedro de Mor, entrada gratuita e aforo limitado (non é necesaria reserva previa) e está dentro do Programa Musiqueando da Área de Cultura da Deputación Provincial.




CONCERTO DO GRUPO TUNDAL NO CASTELO DE CASTRO DE OURO. 17 DE XULLO ÁS 22:00H

A combinación perfecta, o Castelo de Castro de Ouro e o seu entorno iluminado na noite e a música tradicional de Tundal para desfrutar o sábado 17 de xullo, ás 22:00h. Non é necesaria reserva previa.




ATLÁNTICA FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL EN ALFOZ, 4, 10 E 11 DE XULLO.

O castelo de Castrodouro será o escenario que acollerá a artistas como Raquel Queizás, Quico Cadaval e Manuel Gago. Polo mesmo espazo tamén pasarán os músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño. O Castelo de Alfoz ofrecerá funcións gratuítas para as que se precisa reserva previa a través da páxina web do Festival.




"ONDA MIN" DE RAQUEL QUEIZÁS: Domingo 4 de xullo ás 20.30h Castelo de Castro de Ouro

Dentro da IX edición de Atlántica festival internacional de narración oral no que o Concello de Alfoz participa e dirixido a público infantil e familiar. Máis información e RESERVAS en festivalatlantica.gal



SERXIO PAZOS REGRESA A ALFOZ CON "AFIANDO CON HUMOR"

SÁBADO 15 ÁS 19.30H: "A PLUMA VIVA DE ROSALÍA" TEATRO DOS QUINQUILLÁNS



MURAL DE HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL

Obra de Concepto Circo para evocar a Rosalía de Castro dentro da Programación da Vicepresidencia da Deputación Provincial arredor da figura da autora.




II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ALFOZ EN PRIMAVERA"


BASES:https://drive.google.com/file/d/1qGdQUcXG9cZhaRaeUt3ewdeCodd32KXU/view?usp=sharing


ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS O SÁBADO 24 DE ABRIL PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

FOLLA DE INSCRICIÓN:https://drive.google.com/file/d/1MTnnSP5g_109DvKl1QAu_V3AzZzEVW8Q/view?usp=sharing
PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 19 AO 22 DE ABRIL
LUGAR DE ENTREGA: CASA DO CONCELLO
+INFO: 982 558 001 (EXT. 2)


TRÉCOLA  PRESENTA "XOGO REVOLTO" ...MONICREQUES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO O SÁBADO 24




CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021


BASES :
https://drive.google.com/file/d/18eorfo5Woc5d2_ldwAkIf533tC-23g7C/view?usp=sharing

Celebramos o día mundial do teatro coa obra "O MUNDO DE MARTIÑA" do grupo Bátega





Para celebrar o día da narración oral de da poesía imos disfrutar coa contacontos   FÁTIMA FERNÁNDEZ e a súa obra  "UNHA VIAXE AO MUNDO DOS CONTOS POP UP"




CONTACONTOS CAXOTO. VENRES 19 ÁS 16:30H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ



O MAGO RAFA PRESENTA "NOVA MAXIA-LIDADE", ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS O LUNS 4 DE XANEIRO ÁS 18.00H NO SALÓN DE ACTOS






CURUXÁN TEATRO. DOMINGO 6 DE DECEMBRO ÁS 19.00H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA




ARTE NA BILIOTECA. Obradoiro creativo, xogos, obradoiro didáctico...e máis

O luns, 7 de decembro, de 10.30 a 13.00h na Bibloteca Pública de Alfoz temos unha proposta para as nenas e nenos de 3 a 12 anos que queiran descubrir a sección de arte da nosa biblioteca e saber por qué Picasso pintaba esas mulleres "tan raras" a través de actividades didácticas, creativas, xogos ...para coñecer nesta ocasión a Pablo Picasso e o estilo cubista. A inscrición farase antes do comenzo da actividade. Grupos reducidos. Actividade gratuíta. Máis información no teléfono 982558001 (ext.2).



OBRADOIRO DE LIBROS ELECTRÓNICOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ

O vindeiro xoves, 3 de decembro, de 18.00 a 19.00h quedamos na biblioteca para coñecer os tipos de lectores de libros electrónicos, os formatos (EPUB, PDF, MOBI...), distintas webs de descarga gratuíta, convertidores de formatos, etc. A actividade é gratuíta e non fai falta inscrición previa. Máis información no teléfono 982558001 (ext. 2)



TEATRO AFICIONADO EN ALFOZ NO MES DE DECEMBRO

A través da Deputación Provincial de Lugo, chegan a Alfoz o Grupo Curuxán Teatro Impro (do Ciclo Táboas cheas de emoción) coa obra "IMPROVINCIA" o domingo 6 ás 19.00h e o Grupo Os Baluros (do Ciclo Argalladas) o venres 18 ás 20.00h coa obra "MENCIÑEIRO Á FORZA" , ambas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz



VIDEOCHAMADAS DE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS AOS MÁIS PEQUENOS DE ALFOZ.



"CONTAXIÁNDONOS DE HUMOR" DE SERXIO PAZOS O SÁBADO 21 ÁS 19.00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE ALFOZ



 Este venres temos o pracer de disfrutar da preciosa obra de teatro Rosalía, a primeira que se fai sobre a vida da autora. Non o perdades!!



A debuxar!!!

Aquí tedes o enlace para as bases


Este ano os nenos tamén disfrutarán de actividades varias no día das nosas letras


O 24 de outubro os nenos celebramos o día da Biblioteca cun feixe de actividades



16 de Outubro, día das escritoras na Biblioteca Municipal



















Poemas e contos con carvalho calero



A maxia da igualdade

Pakolas contanto e cantando

Que ben o pasaron os peques

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O MES DE MARZO 

  • Este é o mes da muller, e como non podía ser doutro xeito, o cine ten que reflexalo. O sábado 7 e domingo 8 continuamos co ciclo anual. 

  • O 20 de marzo para celebrar o día da narración oral e  da poesía, aproveitando que están de lecer, os nosos pequenos terán un obradoiro, contacontos e xogos varios.





  • O 21 celebraremos o día do teatro coa obra "Relatos Negros" de Manuel Manquiña





Actividades 2019

  • O 25 de Outubro ás 15:00 h no Centro Sociocultural, a artista Charo Pita, presentará o seu espectáculo teatro-musical "Sen Barreiras" para nenos. Entrada gratuita.

  • O día 26 comeza o teatro de outono coa obra de A Adala Infantil  "Que cousas pasan no camiño". Será tamén no Centro Sociocultural ás 20:00 h. ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro.



FIOS E PAPEL. TEATRO MARIONETAS TRÉCOLA

Qué marionetas máis chulas fixeron os pícaros









Actuación de Migallas Teatro na Escola Infantil

Pasámolo ben nenos e grandes.



    

Actividade para nenos na escola infantil

Resultado de imagen de os contos do chupete migallas teatro
O próximo 31 de Xullo  ás  16:00 na Escola Infantil de Alfoz, o grupo Migallas Teatro representará "Contos do Chupete" para nenos de 0 a 3 anos, bueno ou algún mais. Estades tod@s convidad@s. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario