Calendarios de nadal

 

OS CALENDARIOS DAS GAÑADORAS DO XIX CONCURSO DE POSTAIS DA BIBLIOTECA XA ESTÁN DISPOÑIBLES NA CASA DO CONCELLO, BIBLIOTECA E CASTELO DE CASTRO DE OURO

Noraboa a :Iris Díaz Fraga, gañadora de Ed. Infantil, Laura Díaz Fraga, gañadora no 1º Ciclo de Ed. Primaria e Celia Fdez. Fdez. gañadora no 2º Ciclo de Ed. Primaria. E tamén a todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro que participaron cos seus debuxos neste certame. Ademais dos correspondentes premios para as gañadoras que recibiron onte, domingo 19 de decembro. Os seus dibuxos son a imaxe dos calendarios do Concello de Alfoz para o ano 2022. Esta actividade está incluida no Plan Único da Deputación de Lugo, Área de Cultura.


NADAL NA BIBLIOTECA. OBRADOIROS PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS.

 Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e3 e 4 de xaneiro, de 17:00h a 19:00h na Biblioteca Pública de Alfoz, levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas. É necesaria inscrición previa que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz a partir do 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles. O primeiro día, luns 27 participarán na actividade de elaboración de xabón e coñecemento dos lavadoiros públicos organizada pola AAVV San Mamede das Oiras, o resto dos días na Biblioteca terán obradoiros creativos, xogos, animación á lectura, etc.Máis información no tfno. 982 558 001 (ext. 2)



ENTREGA DE PREMIOS DO XIX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 O domingo 19 de decembro, no Salón de Actos da Casa da Cultura, ao remate da representación teatral "O conto de Barriga Verde" de Fran Rei terá lugar a Entrega de Premios do XIX Concurso de Postais de Nadal que un ano máis convoca a Biblioteca Municipal. 3 categorías: Educación Infantil, 1º ciclo de Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Primaria con un premio por categoría. As postais gañadoras serán as imaxes dos calendarios que o Concello de Alfoz repartirá entre as veciñas e veciños para 2022.



"O CONTO DE BARRIGA VERDE" DE FRAN REI. TEATRO TODOS OS PÚBLICOS

 Domingo 19 de decembro, ás 18:00h, no Salón de Actos da Casa da Cultura, Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: "O conto de Barriga Verde". Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía. Teatro para todos os públicos.