Faite socio online

Mentras dure o estado de alarma e non podamos ir físicamente á biblioteca, a plataforma Galicia Le ofrece a posibilidade de darse de alta de forma telemática. Tedes un montón de cousas que podedes ver: libros, películas.......

Pasos a seguir:

  • Pinchade no enlace de Galicia Le
  • Aparece unha opción para Rexistrarse
  • Cubride o formulario e enviade
  • Recibiredes unha clave para acceder como socio
Unha vez remate a situación do COVID-19, tedes un prazo de 30 días para facervos socios de maneira presencial na biblioteca, en caso contrario seredes dados de baixa.

Se tedes algunha dúbida contactade:  alfoz.rbgalicia@eidolocal.es