A nosa biblioteca
Benvidos á nosa biblioteca interactiva
XOVES 30 DE XUÑO, 18:00H NO PARQUE ALCALDE JOSÉ PALMEIRO, HOMENAXE A DOMINGO VILLAR COA LECTURA CONXUNTA DE "ALGÚNS CONTOS COMPLETOS"
O Club de Lectura da Biblioteca Municipal realizará unha lectura conxunta da obra "Algúns contos completos" como homenaxe a Domingo Villar, gran escritor e magnífica persoa que recentemente faleceu, como mostra de dor polo seu pasamento e de recoñecemento a súa obra e a súa persoa. Actividade aberta a todo quen queira participar e acompañarnos na derradeira actividade antes das vacacións de verán. En setembro volvemos a empezar...
LUDIVERÁN-XOGANDO EN IGUALDADE. VERÁN 2022.
Un ano máis imos organizar actividades para nenas e nenos nados entre 2010 e 2019, desde o 4 de xullo ata o 26 de agosto repartidas en 4 quendas das que podes elixir unha, varias ou todas para vir de luns a venres (laborables) de 10:00 a 13:00h ao CEIP Castro de Ouro. De balde, subvencionado polo Concello de Alfoz e pola Sª Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, O Ministerio de Igualdade e a Unión Europea. Deporte, xogos, experimentos, medio ambiente, piscina, ... sempre para fomentar a igualdade. Reunión Informativa: 15 de xuño ás 20:00h no Salón de Actos de Cultura. Inscricións do 17 ao 14 de xuño."MIÑA CASA, MEU LAR" CONTACONTOS DE MEDIO AMBIENTE CON CAXOTO.DOMINGO 22 DE MAIO, 19:30H NO SALÓN DE ACTOS DE CULTURA.
Ao remate farase a entrega dos premios do Concurso de narración e debuxo das Letras Galegas da Biblioteca Municipal.
Caxoto é un experto en xestión de residuos… un barrendeiro municipal. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido, as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprenderanse as claves para protexer o noso medio ambiente pero con moito humor. Subvencionado a través do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia
Letras galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Neste especial, que arrinca hoxe, o Consello da Cultura Galega irá incorporando diferentes contidos co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.
- Xosé Ramón Fandiño asina no Álbum de Galicia esta biografía de Florencio Delgado Gurriarán. Pincha na imaxe
Suscribirse a:
Entradas (Atom)