Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
XOVES 30 DE XUÑO, 18:00H NO PARQUE ALCALDE JOSÉ PALMEIRO, HOMENAXE A DOMINGO VILLAR COA LECTURA CONXUNTA DE "ALGÚNS CONTOS COMPLETOS"
O Club de Lectura da Biblioteca Municipal realizará unha lectura conxunta da obra "Algúns contos completos" como homenaxe a Domingo Villar, gran escritor e magnífica persoa que recentemente faleceu, como mostra de dor polo seu pasamento e de recoñecemento a súa obra e a súa persoa. Actividade aberta a todo quen queira participar e acompañarnos na derradeira actividade antes das vacacións de verán. En setembro volvemos a empezar...BIBIANA CANDIA, AUTORA DE "AZUCRE", O LUNS 21 ÁS 18:00H NA BIBLIOTECA DE ALFOZ.
Dentro das actividades culturais de dinamización da Biblioteca Municipal, aberto a todas as persoas interesadas en asistir, terá lugar o encontro coa autora deste revelador relato novelado da historia real de 1700 rapaces galegos que viaxaron a Cuba en 1853 para traballar e acabaron vendidos como esclavos. Con este encontro literario celebramos o Día do Libro. Actividade subvencionada polo Plan Único da Deputación Provincial.
CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O vindeiro 7 de outubro reanudamos as reunións quincenais do Club de lectura. Se estás interesado/a en unirte, podes facelo antes do comezo de cada libro, nesta ocasión ANTES DO 21 DE OUTUBRO para participar da seguinte obra, que neste caso será "O club da calceta" de María Reimóndez. Xuntámonos os xoves, cada quince días, ás 19:00h na Biblioteca. Máis información tfno. 982 558 001 (ext. 2).O souto dos catro ventos
Comezamos novo libro despois do obrigado parón polo confinamento, seguro que está moi ben, a ler!!!
Os Pazos de Ulloa
O novo libro do club: os Pazos de Ulloa de Emilia Pardo Bazán, todo un clásico.
Aquí tedes enlaces interesantes:
Novo libro no club
Rematamos o primeiro libro e xa estamos co segundo: "La playa de los ahogados" de Domingo Vilar
- Quen é Domingo Villar?
- Entrevista ao escritor xlsemanal , entrevista en rtve
- Vídeo presentación do libro
- Libro VS Película
club de lectura
O vindeiro mes de novembro comenzamos a lectura dun novo libro, se non estás inscrito no club de lectura e queres unirte a nós, pasa polo Concello ou a Biblioteca Pública de Alfoz antes do 30 de outubro e cubre a ficha de inscrición. Máis información, teléfono 982 558 001 (ext. 2).
club de lectura
Estamos xa rematando o primeiro libro do noso clube de lectura: Las huellas imborrables de Camilla Läckberg. A verdade que é unha experiencia moi bonita. Lemos, comemos, comentamos, aprendemos historia, receitas de cociña .................
Mirade que pintaza teñen estes rollos de canela que fixo Silvia, ummm......
Mirade que pintaza teñen estes rollos de canela que fixo Silvia, ummm......
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














