Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas. Mostrar todas las entradas

Letras galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

 O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Neste especial, que arrinca hoxe, o Consello da Cultura Galega irá incorporando diferentes contidos co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado.



  • Xosé Ramón Fandiño asina no Álbum de Galicia esta biografía de Florencio Delgado Gurriarán. Pincha na imaxe


CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2022. BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ E BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

 Un ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo. Bases e inscrición: pincha na imaxe para acceder ao enlace.



Poema recitado de Xela Arias dedicado a Rosalía de Castro

 Xela Arias recita “A de quen comprende”



Xela na música

 A Banda da Loba presentou este mes de marzo o avance do seu novo disco, Hasme oír, unha homenaxe á poesía de Xela Arias composta por catro temas baseados en cada un dos poemarios que a protagonista do Día das Letras Galegas publicou en vida. A canción de presentación toma a letra de distintos poemas de Intempériome (2003).


Entrevistas

 XAVIER SENÍN

“Encantoume traducir A Peste. O que nos acontece hoxe está nese libro”

AMPARO CASTAÑO, NAI DE XELA ARIAS

“Xela sempre foi unha loitadora”

Biografía e obra de Xela Arias

 Biografía:




Obra:



Xoga con Xela Arias

 

Vigo

De fragas e paxaros faladores
os nomes en galego

Sarria


Documental sobre a homenaxeada Xela Arias: a palabra esgazada

 Capítulo I. Os primeiros anos da vida da escritora, tradutora, editora e docente.



Capítulo II. Traballadora das palabras


Capítulo III. Esgazadora de versos

Emisión en directo do Simposio sobre Carvalho Calero. A súa creación literaria

O próximo xoves 22 de outubro emítese en directo un Simposio sobre a creación literaria de Carvalho Calero. Pinchade na imaxe para ver a emisión.




 Neste mes de outubro celebramos as letras galegas na nosa biblioteca. A partir do xoves 22 podedes visitar a exposición sobre a vida e obra do homenaxeado este ano Don Ricardo Carvalho Calero.

Debido ao problema da Pandemia que estamos a padecer, hai moitas opcións virtuais para recordar a este autor.

Aquí vos deixo un enlace ao simposio que se fixo o pasado xoves 15 de outubro sobre os estudos sobre literatura.