"CONEXIÓN PINGÜÍN" CON LUIS IGLESIA E MARCOS ORSI.

 Unha comedia para disfrutar o sábado 14 ás 20,30h no Salón de Actos da Casa da Cultura. RESERVA PREVIA NO 982 558 001 ou na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) desde el 5 al 12 de agosto ou ata agotar as entradas. Aforo Limitado. Programa Cultura no Camiño Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22



 

XA PODES DISFRUTAR DA LECTURA NA PISCINA MUNICIPAL: Estreamos Bibliopiscina

Durante o tempo que esteñas na piscina, podes coller os libros dispoñibles na Bibliopiscina, antes de irte, volve a deixalos no seu andel ...se non remataches, ao día seguinte podes retomalo (lembra usar o xel hidroalcohólico antes de coller os libros e despois de devolvelos). IMPORTANTE: OS LIBROS NON PODEN SAIR DA PISCINA, SÓ SE USARÁN NO TEMPO QUE SE PERMANEZA NELA. GRAZAS



 

CORO PARROQUIAL DE RIOTORTO NA IGREXA DE S. PEDRO DE MOR: 31 DE XULLO

A actuación terá lugar ás 20:00h na Igrexa de S. Pedro de Mor, entrada gratuita e aforo limitado (non é necesaria reserva previa) e está dentro do Programa Musiqueando da Área de Cultura da Deputación Provincial.


 

CONCERTO DO GRUPO TUNDAL NO CASTELO DE CASTRO DE OURO. 17 DE XULLO ÁS 22:00H

A combinación perfecta, o Castelo de Castro de Ouro e o seu entorno iluminado na noite e a música tradicional de Tundal para desfrutar o sábado 17 de xullo, ás 22:00h. Non é necesaria reserva previa.


 

ATLÁNTICA FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL EN ALFOZ, 4, 10 E 11 DE XULLO.

O castelo de Castrodouro será o escenario que acollerá a artistas como Raquel Queizás, Quico Cadaval e Manuel Gago. Polo mesmo espazo tamén pasarán os músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño. O Castelo de Alfoz ofrecerá funcións gratuítas para as que se precisa reserva previa a través da páxina web do Festival.