Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse á terra queimada.
REUNIÓN INFORMATIVA DE INICIO DE CURSO 21/22: 25 DE AGOSTO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA
Un ano máis organízase para informar ás familias e estudantes dos servizos, programas e axudas cos que o Concello de Alfoz conta para o alumnado dos distintos niveis educativos.
O MAGO ANTÓN "A volta a Galicia en 313 concellos" en Alfoz o 29 de agosto
O Mago Antón chega a Alfoz co seu espectáculo "A volta a Galicia en 313 concellos" o día 29 de agosto con sesións desde as 12:00h ata as 21:00h que se poderán disfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades. Estará situado diante do Pavillón Municipal e a Piscina Municipal. Programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22"CONEXIÓN PINGÜÍN" CON LUIS IGLESIA E MARCOS ORSI.
Unha comedia para disfrutar o sábado 14 ás 20,30h no Salón de Actos da Casa da Cultura. RESERVA PREVIA NO 982 558 001 ou na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) desde el 5 al 12 de agosto ou ata agotar as entradas. Aforo Limitado. Programa Cultura no Camiño Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22
XA PODES DISFRUTAR DA LECTURA NA PISCINA MUNICIPAL: Estreamos Bibliopiscina
Durante o tempo que esteñas na piscina, podes coller os libros dispoñibles na Bibliopiscina, antes de irte, volve a deixalos no seu andel ...se non remataches, ao día seguinte podes retomalo (lembra usar o xel hidroalcohólico antes de coller os libros e despois de devolvelos). IMPORTANTE: OS LIBROS NON PODEN SAIR DA PISCINA, SÓ SE USARÁN NO TEMPO QUE SE PERMANEZA NELA. GRAZAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



