"ONDA MIN" DE RAQUEL QUEIZÁS: Domingo 4 de xullo ás 20.30h Castelo de Castro de Ouro

Dentro da IX edición de Atlántica festival internacional de narración oral no que o Concello de Alfoz participa e dirixido a público infantil e familiar. Máis información e RESERVAS en festivalatlantica.gal


 

MATEO PARDIÑAS HERMIDA ACADA O 3º PREMIO DE NARRATIVA NO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS DA BIBLIOTECA PÙBLICA DE LUGO

Noraboa a Mateo, de 7 anos que coa súa narración "O mundo máxico de Xela", obtivo o 3º premio no Concurso da Biblioteca Pública de Lugo, representando á Biblioteca Pública de Alfoz.


SERXIO PAZOS REGRESA A ALFOZ CON "AFIANDO CON HUMOR". Importante: reserva previa de entradas.

 O vindeiro sábado, 29 de maio, ás 20.30h no Salón de Actos da Casa da Cultura teremos unha nova oportunidade de desfrutar do humor de Serxio Pazos. E necesario reservar as entradas previamente, na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982 558 001 (ext. 3) desde o 24 ao 27 de maio.



SÁBADO 15 ÁS 20.30H ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2021 BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALFOZ

 No Salón de Actos da Casa da Cultura, ao remate da obra de teatro "A pluma viva de Rosalía" dos Quinquilláns levarase a cabo a entrega de premios para todas as categorías, así como os diplomas de participación a todos os participantes.