ENTREGA DE PREMIOS DO XIX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
O domingo 19 de decembro, no Salón de Actos da Casa da Cultura, ao remate da representación teatral "O conto de Barriga Verde" de Fran Rei terá lugar a Entrega de Premios do XIX Concurso de Postais de Nadal que un ano máis convoca a Biblioteca Municipal. 3 categorías: Educación Infantil, 1º ciclo de Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Primaria con un premio por categoría. As postais gañadoras serán as imaxes dos calendarios que o Concello de Alfoz repartirá entre as veciñas e veciños para 2022.
"O CONTO DE BARRIGA VERDE" DE FRAN REI. TEATRO TODOS OS PÚBLICOS
Domingo 19 de decembro, ás 18:00h, no Salón de Actos da Casa da Cultura, Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: "O conto de Barriga Verde". Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía. Teatro para todos os públicos.
"POR UN PUÑADO DE GRELOS" OS TROCOS TEATRO SÁBADO 4 DE DECEMBRO
Ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, o vindeiro sábado 4 de decembro, Os Trocos Teatro presenta o "rural western" "Por un puñado de grelos". Entrada libre e gratuita. Subvencionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.



