ALFOZ CELEBRA O DÍA DAS ESCRITORAS

 

Alfoz celebra o Día das Escritoras (18 de outubro) o venres 15 ás 15:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, con todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz a través do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. "Procúrase Pepa a Loba" da compañía A Cova das Letras coa actriz Cristina Collazo. Con estética do oeste americano rural, ten participación do compositor Manuel Payno e de Luchi Iglesias en escenografía. A famosa bandoleira Pepa a Loba, chega ata un refuxio onde poder acubillarse: é a taberna da que tanto lle falara súa nai. Decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa inseparable gavela. Alguén lle fala dun cobizado tesouro... Atréveste a procuralo con ela. Somérxete de cheo nesta aventura carregada de música, títeres e intrigantes historias. Ademais na Biblioteca Municipal poderás disfrutar dunha selección de obras de autoras do s. XX durante todo o mes de outubro.






CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O vindeiro 7 de outubro reanudamos as reunións quincenais do Club de lectura. Se estás interesado/a en unirte, podes facelo antes do comezo de cada libro, nesta ocasión ANTES DO 21 DE OUTUBRO para participar da seguinte obra, que neste caso será "O club da calceta" de María Reimóndez. Xuntámonos os xoves, cada quince días, ás 19:00h na Biblioteca. Máis información tfno. 982 558 001 (ext. 2).


Se as árbores falasen. Venres 27 de agosto para os nenos de ludiverán

 Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse á terra queimada. 



 

REUNIÓN INFORMATIVA DE INICIO DE CURSO 21/22: 25 DE AGOSTO ÁS 20:00H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA

Un ano máis organízase para informar ás familias e estudantes dos servizos, programas e axudas cos que o Concello de Alfoz conta para o alumnado dos distintos niveis educativos.


 

O MAGO ANTÓN "A volta a Galicia en 313 concellos" en Alfoz o 29 de agosto

O Mago Antón chega a Alfoz co seu espectáculo "A volta a Galicia en 313 concellos" o día 29 de agosto con sesións desde as 12:00h ata as 21:00h que se poderán disfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades. Estará situado diante do Pavillón Municipal e a Piscina Municipal. Programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22