CORO PARROQUIAL DE RIOTORTO NA IGREXA DE S. PEDRO DE MOR: 31 DE XULLO

A actuación terá lugar ás 20:00h na Igrexa de S. Pedro de Mor, entrada gratuita e aforo limitado (non é necesaria reserva previa) e está dentro do Programa Musiqueando da Área de Cultura da Deputación Provincial.


 

CONCERTO DO GRUPO TUNDAL NO CASTELO DE CASTRO DE OURO. 17 DE XULLO ÁS 22:00H

A combinación perfecta, o Castelo de Castro de Ouro e o seu entorno iluminado na noite e a música tradicional de Tundal para desfrutar o sábado 17 de xullo, ás 22:00h. Non é necesaria reserva previa.


 

ATLÁNTICA FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL EN ALFOZ, 4, 10 E 11 DE XULLO.

O castelo de Castrodouro será o escenario que acollerá a artistas como Raquel Queizás, Quico Cadaval e Manuel Gago. Polo mesmo espazo tamén pasarán os músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño. O Castelo de Alfoz ofrecerá funcións gratuítas para as que se precisa reserva previa a través da páxina web do Festival.


 

"ONDA MIN" DE RAQUEL QUEIZÁS: Domingo 4 de xullo ás 20.30h Castelo de Castro de Ouro

Dentro da IX edición de Atlántica festival internacional de narración oral no que o Concello de Alfoz participa e dirixido a público infantil e familiar. Máis información e RESERVAS en festivalatlantica.gal


 

MATEO PARDIÑAS HERMIDA ACADA O 3º PREMIO DE NARRATIVA NO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS DA BIBLIOTECA PÙBLICA DE LUGO

Noraboa a Mateo, de 7 anos que coa súa narración "O mundo máxico de Xela", obtivo o 3º premio no Concurso da Biblioteca Pública de Lugo, representando á Biblioteca Pública de Alfoz.