De 17.00 a 19.00h na Biblioteca Pública de Alfoz o sábado 24 de abril ven a celebrar con nós o Día do Libro. INSCRICIÓN PREVIA DO 19 AO 22 NO CONCELLO. + INFO: 982 558 001 (EXT.2) Podes descargar a ficha de inscrición en: https://drive.google.com/file/d/1MTnnSP5g_109DvKl1QAu_V3AzZzEVW8Q/view?usp=sharing Actividade Subvencionada no Plan Único da Deputación Provincial, Área de Cultura.
TRÉCOLA TEATRO PRESENTA "XOGO REVOLTO" ...MONICREQUES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO O SÁBADO 24
Espectáculo de monicreques dirixido a público familiar, para celebrar o Día do Libro. No Salón de Actos de Cultura o sábado 24 ás 19.30h. Entrada gratuita e aforo limitado, cumprindo a normativa actual.
“INVENTARIO DO PATRIMONIO CULTURAL E HISTÓRICO-ARTÍSTICO DO VALADOURO”
O libro “Inventario do PatrimonioCultural e Histórico-Artístico do Valadouro” de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, foi editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz. Trátase dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Concello do Valadouro. así como as parroquias focenses de Santa Cilla e San Acisclo.
Xa podes consultar 'on line' o Tomo I e o Tomo II do inventario ou parroquia a parroquia na sección TURISMO-PATRIMONIO e na sección COÑECER ALFOZ - PARROQUIAS de esta páxina onde se pode ver o capítulo dedicado a cada unha das nosas parroquias.
MANUEL LOURENZO, PREMIO DE HONRA FERNANDO REY
O 10 de abril celebrouse a XIX Edición dos Premios Mestre Mateo no Teatro Colón de Coruña. A nosa noraboa a Manuel Lourenzo polo premio co que será recoñecida a súa labor e traxectoria a prol da cultura galega. Podes ler a nova completa na páxina da Academia Galega do Audiovisual no seguinte enlace :https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/es/manuel-lourenzo-premio-de-honor-fernando-rey/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




