“INVENTARIO DO PATRIMONIO CULTURAL E HISTÓRICO-ARTÍSTICO DO VALADOURO”


O libro “Inventario do PatrimonioCultural e Histórico-Artístico do Valadouro” de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, foi editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz. Trátase dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Concello do Valadouro. así como as parroquias focenses de Santa Cilla e San Acisclo.

Xa podes consultar 'on line' o Tomo I  e o Tomo II do inventario ou parroquia a parroquia na sección TURISMO-PATRIMONIO e na sección COÑECER ALFOZ - PARROQUIAS  de esta páxina onde se pode ver o capítulo dedicado a cada unha das nosas parroquias.

 

MANUEL LOURENZO, PREMIO DE HONRA FERNANDO REY



O 10 de abril celebrouse a XIX Edición dos Premios Mestre Mateo no Teatro Colón de Coruña. A nosa noraboa a Manuel Lourenzo polo premio co que será recoñecida a súa labor e traxectoria a prol da cultura galega. Podes ler a nova completa na páxina da Academia Galega do Audiovisual no seguinte enlace :https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/es/manuel-lourenzo-premio-de-honor-fernando-rey/

Dia internacional da lingua materna

Temos moito que agradecer á nosa lingua  e por iso o celebramos, cada un que respete a súa, a nosa é o galego.