Mentras dure o estado de alarma e non podamos ir físicamente á biblioteca, a plataforma Galicia Le ofrece a posibilidade de darse de alta de forma telemática. Tedes un montón de cousas que podedes ver: libros, películas....... Pasos a seguir:
Unha vez remate a situación do COVID-19, tedes un prazo de 30 días para facervos socios de maneira presencial na biblioteca, en caso contrario seredes dados de baixa. Se tedes algunha dúbida contactade: alfoz.rbgalicia@eidolocal.es
Estamos xa rematando o primeiro libro do noso clube de lectura: Las huellas imborrables de Camilla Läckberg. A verdade que é unha experiencia moi bonita. Lemos, comemos, comentamos, aprendemos historia, receitas de cociña .................
Mirade que pintaza teñen estes rollos de canela que fixo Silvia, ummm......
ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O MES DE MARZO
Este é o mes da muller, e como non podía ser doutro xeito, o cine ten que reflexalo. O sábado 7 e domingo 8 continuamos co ciclo anual.
O 20 de marzo para celebrar o día da narración oral e da poesía, aproveitando que están de lecer, os nosos pequenos terán un obradoiro, contacontos e xogos varios.
O 21 celebraremos o día do teatro coa obra "Relatos Negros" de Manuel Manquiña