club de lectura

 O vindeiro mes de novembro comenzamos a lectura dun novo libro, se non estás inscrito no club de lectura e queres unirte a nós, pasa polo Concello ou a Biblioteca Pública de Alfoz antes do 30 de outubro e cubre a ficha de inscrición. Máis información, teléfono 982 558 001 (ext. 2).



Biblioteca conect@da

 

BIBLIOTECA CONECTAD@. PRÉSTAMO DE LECTORES DE LIBROS ELECTRÓNICOS (E-READERS).

 Pincha na imaxe para ver as normas de préstamo.




Emisión en directo do Simposio sobre Carvalho Calero. A súa creación literaria

O próximo xoves 22 de outubro emítese en directo un Simposio sobre a creación literaria de Carvalho Calero. Pinchade na imaxe para ver a emisión.




 Neste mes de outubro celebramos as letras galegas na nosa biblioteca. A partir do xoves 22 podedes visitar a exposición sobre a vida e obra do homenaxeado este ano Don Ricardo Carvalho Calero.

Debido ao problema da Pandemia que estamos a padecer, hai moitas opcións virtuais para recordar a este autor.

Aquí vos deixo un enlace ao simposio que se fixo o pasado xoves 15 de outubro sobre os estudos sobre literatura.

 


Faite socio online

Mentras dure o estado de alarma e non podamos ir físicamente á biblioteca, a plataforma Galicia Le ofrece a posibilidade de darse de alta de forma telemática. Tedes un montón de cousas que podedes ver: libros, películas.......

Pasos a seguir:

  • Pinchade no enlace de Galicia Le
  • Aparece unha opción para Rexistrarse
  • Cubride o formulario e enviade
  • Recibiredes unha clave para acceder como socio
Unha vez remate a situación do COVID-19, tedes un prazo de 30 días para facervos socios de maneira presencial na biblioteca, en caso contrario seredes dados de baixa.

Se tedes algunha dúbida contactade:  alfoz.rbgalicia@eidolocal.es


NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA


Podes descargar as normas de funcionamento do clube aquí
Ficha de inscrición 


ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O MES DE MARZO 


  • O 21 celebraremos o día do teatro coa obra "Relatos Negros" de Manuel Manquiña




club de lectura

Estamos xa rematando o primeiro libro do noso clube de lectura: Las huellas imborrables de Camilla Läckberg. A verdade que é unha experiencia moi bonita. Lemos, comemos, comentamos, aprendemos historia, receitas de cociña ................. 

Mirade que pintaza teñen estes rollos de canela que fixo Silvia, ummm......
ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O MES DE MARZO 

  • Este é o mes da muller, e como non podía ser doutro xeito, o cine ten que reflexalo. O sábado 7 e domingo 8 continuamos co ciclo anual. 

  • O 20 de marzo para celebrar o día da narración oral e  da poesía, aproveitando que están de lecer, os nosos pequenos terán un obradoiro, contacontos e xogos varios.





  • O 21 celebraremos o día do teatro coa obra "Relatos Negros" de Manuel Manquiña